Free Dragon Cursors at www.totallyfreecursors.com

martes, 8 de marzo de 2016

Boas tardes amigos e amigas!

Despois de todas as entradas xa temos algunhas ideas de actividades para poñer na nosa futura revista dixital sobre as culturas... A ver que vos parecen!

A idea principal será tratar as curiosidades das culturas que nos chamaron máis atención: China, México, India, Rumanía e Sudáfrica. Para presentar estas culturas pensamos en facer unha Webquest sobre continentes, e finalmente nunha conclusión citar as culturas que escollimos. O motivo polo cal escollimos unha cultura de cada continente é bastante sinxelo, dende o noso punto de vista para atender á diversidade primeiro é importante coñecer.

Tras a presentación das distintas culturas, dos distintos continentes, a revista constará dunha serie de actividades, presentadas pola nosa mascota, que narrara de que tratan.

  • Un cuestionario sobre curiosidades chamativas.
  • Xogos de vestimentas: asociar vestidos con culturas, nomes...
  • Facer un mapa conceptual sobre as relixións.
  • Tratar tipos de escolas e educacións a través de comparacións, buscar diferenzas, completar encher ocos...
  • Xogos de identificar músicas e bailes.
  • Ver un vídeo sobre as distintas tradicións das distintas culturas e logo facer preguntas sobre o vídeo.
Para concluir pensamos en xenerar un mapa mundi no que se sitúe toda a información recollida ao longo da revista.

Esperamos que vos gusten as nosas ideas!

1 comentario: