O proxecto que abordaremos será o da elaboración dunha
revista ou xornal dixital, co obxectivo de aprender a utilizalo na escola para
transmitir coñecementos, curiosidades ou mesmo noticias ao alumnado co fin de
que lle sexa útil, entretido e educativo.
Encamiñámonos cara a este proxecto debido a que consideramos
que o xornal debe de estar presente na aula xa que favorece ao principio de
globalización. Ademais o xornal dixital é unha oportunidade para que os alumnos
e alumnas desenvolvan diferentes capacidades como a redacción, e a
lectura, e grazas á posibilidade da
inclusión de recursos multimedia, xogos dixitais, fotografías, etc. fan que os
nenos/as lles resulte máis atractiva a idea de ler o xornal.
Para que unha revista/periódico dixital guste aos seus
lectores (en este caso alumnos e alumnas de educación primaria) debe de ter un contido apropiado e atractivo
para estes, xa que é como así conseguiremos que o alumnado aprecie e se
interese pola lectura destes medios de comunicación e aprenda deles. Para iso é
necesario coñecer as preferencias e curiosidades dos nenos e nenas de hoxe en
día, xa que estes non poñerán interese en artigos ou curiosidades que non lles
sexan atractivas. Ademais tamén sería unha boa idea proporcionar aos alumnos e
alumnas a posibilidade de achegar unha noticia no xornal ou revista cada vez
que esta estea terminada, facendo así que os nenos/as se sentan partícipes dos
medios de comunicación e teñan interese neles. Outra idea tamén sería a
aparición ,dentro do xornal, dun recuncho propio do colexio onde se poñan
noticias, aniversarios e asuntos destacables de cada curso dentro da vida
escolar.
En conclusión, e a posteriori da lectura dos recursos
proporcionados para a realización dun xornal dixital, considero que a
introdución deste dentro do colexio é moi beneficioso para o desenvolvemento
tanto social como lingüístico do alumnado, facéndoos colaborar en grupo e
mostrándolles as vantaxes dos medios de comunicación na nosa sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario