Free Dragon Cursors at www.totallyfreecursors.com

martes, 9 de febrero de 2016

Recursos para realizar un xornal ou revista dixital escolar.

Despois de revisar todos os enlaces relacionados co proxecto que temos que realizar o meu grupo e eu, o de crear unha revista dixital orientada ó ámbito escolar, teño que dicir que me serviron de gran axuda, xa que descoñecía a existencia da maioría deles, e creo que nos valerán para recoller ideas ou determinados procedementos ou trucos, e así conseguir facer un bo traballo.  

O contido destes recursos era moi variado, algunhas páxinas trataban o tema da prensa na aula, con slogans como "Aprendo con el periódico", e a través de actividades ou xogos diferentes dependendo de se se trata de alumnos ou alumnas de Educación Infantil, Primaria ou Secundaria. Algúns exemplos poden ser "Mediaprensa", que trata as súas orixes e a súa situación no mundo, e a "Voz de la Escuela", que é un pequeno xornal integrado en "La Voz de Galicia" e que está deseñado ou pensado para aplicalo en escolas. Pero o que realmente me chamou a atención foi o apartado de "Noticia del día", presente no "Programa Prensa-Escuela", e no que se pon de manifesto o acontecemento máis destacable do día.
 

Outros dos recursos revisados defenden a integración das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) nas diferentes materias e na escola en xeral, como é o caso de "Eduteka", que promove a elaboración de periódicos escolares dixitais proporcionando as etapas a través das cales se pode levar a cabo, e o desenvolvemento de habilidades como a redación, a comunicación gráfica etc, principalmente; e o INTEF que, basicamente, ocúpase da formación do profesorado a través de cursos para profesores ou profesoras de niveis non universitarios.          

Por último, hai que resaltar algúns exemplos de revistas deste tipo, como son "Revista Educación 3.0", "Comunicar", pensada para a investigación, "Quaderns digitals" ou "Pixel bit", onde se realiza un intercambio de ideas entre investigadores/as de diferentes países e comunidades preocupados/as polas TIC.                                                                










No hay comentarios:

Publicar un comentario