Entre os recursos que nos foron
proporcionados, encontramos información útil e de interese para levar a cabo un
periódico ou revista dixital.
Coñecer a historia do xornal en
España paréceme algo fundamental, pois non podemos realizar un ben sen saber os
seus orixes e o seu desenvolvemento. Ademais, me resulta interesante porque nin
nas escolas nin nos libros de texto nos explican que as primeiras noticias
impresas aparecen como consecuencia dos feitos transcendentais, como puideron
ser o descubrimento e máis a colonización de América.
Por outra parte, para realizar un
periódico, é esencial coñecer como se desenvolve un, cara a que tipo de
lectores vai dirixido, que se necesita para elaboralo (recursos humanos e
materiais), que formato vai ter e os contidos que se van traballar entre
outros. Se ben esta información é imprescindible, tamén o é diferenciar os tres
tipos de xéneros xornalísticos, o informativo, a opinión e máis o
interpretativo.
Á hora de facer un periódico ou
revista, debemos ter en conta quen a realizará, se os meniños de infantil, os
de primaria ou xa os máis grandes da ESO, bacharelato ou un FP, pois é lóxico
que o traballo non será o mesmo. Os máis pequenos poden facer un debuxo para
explicar unha noticia ou redactala, e a medida que van crecendo poden entrevistar
a alguén e realizar un artigo de opinión.
Cando a revista escolar é
redactada polos alumnos, que é o que ocorre sempre ou case sempre, é de
importancia que a revista conste de datos interesantes, curiosidades, noticias
importantes, para que os rapaces non perdan o interese en seguir redactando e
publicando.
Un dos puntos máis importantes, é
que a revista séa acorde coa idade da xente cara a que vai destinada. Por
exemplo, se vai destinada cara rapaces de infantil e primaria, a revista pode
contar con xogos interactivos e actividades.
Finalmente falarei doutro punto a
ter en conta, a imaxe. A revista ou xornal, debe estar decorada de maneira que
cun golpe de vista pareza interesante, con cores, fotos, un fondo, etc.
Podo rematar concluíndo que esta
actividade na aula ten moitos obxectivos, como fomentar a comprensión lectora, mellorar
a expresión escrita ou aumentar a capacidade crítica entre outros. Esta actividade
fai que se traballe en grupo, aportando cada un as súas propias ideas, facendo
que o neno aprenda desfrutando e non estudiando só por métodos tradicionais
como a mera repetición e memorización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario